MUSEO DE CASTRELOS

Datos

Imaxes

  • pazo-de-castrelos.jpg
    pazo-de-castrelos.jpg grande
  • pazo-de-castrelos2.jpg
    pazo-de-castrelos2.jpg grande
  • PHILL_NIBLOCK_KATHERINE_LIBEROVSKAYA_12_.jpg
    PHILL_NIBLOCK_KATHERINE_LIBEROVSKAYA_12_.jpg grande

MUSEO DE CASTRELOS

Xardíns

1. INFORMACIÓN: detalles

LOCALIZACIÓN: Parque de Castrelos, s/n // 36213 Vigo // Tlf: 986 295 070 / 75 // Fax: 986 239 372

CAPACIDADE: 200 persoas

DIMENSIÓNS DO ESCENARIO: 10 x 25 metros

EQUIPACIÓN TÉCNICA: según rider

2. MEMORIA DE ACTIVIDADES FESTIVAL SINSAL:

2010 Phill Niblock & Katherine Liberovskaya

3. MUSEO PAZO DE CASTRELOS

Desde a súa inauguración, en 1937, o museo municipal Quiñones de León é un espazo emblemático da cidade de Vigo. Nun grandioso pazo –casa típica da aristocracia galega do século XVII, con reformas de finais do XIX– se expoñen pezas de artes decorativas dos séculos XVIII, XIX e XX, con mobiliario, cerámica, porcelana, miniaturas, pratería, reloxos, téxtiles, vidro e cristal procedentes de doazóns, principalmente do legado de Policarpo Sanz, e de adquisicións.

Dispón de 29 salas de exposición permanente, biblioteca, guías do museo e diversas publicacións sobre temas arqueolóxicos, e ofrece, ademais, a posibilidade de gozar dos seus xardíns de estilos inglés e francés.

Na planta baixa presérvase o ambiente señorial da antiga residencia dos marqueses –doantes do pazo– e a exposición permanente de pintura europea dos séculos XVII e XVIII, legado de Policarpo Sanz e de depósitos do Museo do Prado e do antigo Nacional de Arte Moderna.

A arte galega do século XX é a gran protagonista do museo, considerada como a máis importante colección de pintura galega do século XX. Nos andares primeiro e segundo atópanse exemplos de creación plástica contemporánea: o rexionalismo, a renovación dos anos 30 e a definitiva incorporación da arte galega ás tendencias actuais, experimentada na segunda metade do século XX.

A sección destinada á arqueoloxía distribúese en dous salas e ocupa o edificio anexo ao pazo. Nela expóñense pezas que van desde o paleolítico até a Idade Media, procedentes de Vigo e a súa comarca.