MUSEO MARCO

Datos

  • NomeSalón de actos - MUSEO MARCO
  • CidadeVigo
  • Capacidade150/250 persoas
  • Webwww.marcovigo.com/

Imaxes

  • marco-vigo-1.jpg
    marco-vigo-1.jpg grande
  • museomarco1.jpg
    museomarco1.jpg grande
  • museo-marco-street.jpg
    museo-marco-street.jpg grande

MUSEO MARCO

Salón de actos

INFORMACIÓN: detalles

LOCALIZACIÓN: Príncipe 54 | 36202 Vigo // t. +34 986 113 900 // info@marcovigo.com

CAPACIDADE: 150-250 persoas

DIMENSIÓNS: 12 x 10 metros

EQUIPACIÓN TÉCNICA: según rider

HOTEL: a 100 metros

APARCAMENTO: so carga e descarga

WIFI:

BACKSTAGE:

MARCO: o museo

O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, está situado en plena zona comercial da cidade, na céntrica e peonil rúa do Príncipe, e ocupa o espazo do que foi a antiga sede do cárcere e xulgados de Vigo (1880), un lugar moi vencellado á memoria colectiva e que constitúe un dos principais atractivos do centro.

SÁLON DE ACTOS: o espazo

É un espazo polivalente, duns 10 x 12 metros de lado. Pódense colocar cadeiras (150) ou escoitar o concerto de pé (250 persoas).

O seu escenario é modular e adáptase ao formato da banda cun máximo de 8 x 4 x 0,80 metros. O equipo de son está en función do espectáculo: normalmente instálanse entre 3.000 a 8.000 watios con diferentes configuracións.

O auditorio dispón dun pequeno backstage nun lateral do escenario con acceso directo á zona de carga e descarga dos equipos. Non se pode pode aparcar de forma permanente sen o permiso correspondente, pero dispón de varios parkings na súa proximidade.

Para a súa localización por GPS, o mellor é marcar como destino a rúa Ronda De Don Bosco con Rúa Londres; as dúas rodean ao museo.

MEMORIA: principais concertos realizados

2005: Gang Gang Dance

2006: Atomic, Pan Sonic; Midaircondo; Josephine Foster; Isan; Apse; Salvatore

2007: Little Annie; Baby Dee; Bluviolin; Parenthetical Girls; White Magic; Raccoo-oo-oon; Acid Mothers Temple & The Melting Paraiso

2008: Zu, Lightning Bolt, Pantaleimon

2009: Sir Richard Bishop; Ches Smith; Evangelista; Black Dice; Tender Forever; The Dodos; Diadermin; Circle; Emilio José; Bedroom Community

2010: Sunn O))); Eagle Twin; Kokusyoku Sumire; Sun Araw; US Girls; King Midas Sound; Prince Rama; Callers

2011: Abe Vigoda; Cass McCombs; Chrome Hoof; Bardo Pond

Rúa Príncipe

VIGO: a cidade

Dende o seu nacemento, a vida da cidade de Vigo desenvolveuse arredor das actividades mercantís vinculadas ao mar e ao seu porto, punto de partida e de retorno para miles de galegos e portugueses que tiveron que emigrar a América Latina. O seu despegue como metrópole produciuse ao longo dos últimos cen anos, nos que rexistrou o maior desenvolvemento económico, industrial e demográfico do noroeste peninsular, ata converterse nun dos portos pesqueiros máis importantes da Unión Europea e na cidade máis poboada de Galicia, con preto de 300.000 habitantes.

A cidade de Vigo, pertencente á provincia de Pontevedra e situada nun enclave privilexiado á beira do Océano Atlántico, dá nome á máis meridional das Rías Baixas. A súa orixe pesqueira aínda se aprecia nas rúas do casco vello, que contrasta coas modernas instalacións dos seus portos deportivos, os peiraos de transatlánticos e as industrias pesqueiras e conserveiras. Equidistante entre Santiago de Compostela e a cidade portuguesa de O Porto, Vigo é un excelente punto de partida para visitas e rutas por Galicia e Portugal, ademais do seu ámbito máis próximo, que inclúe os arredores da Ría e as Illas Cíes, integradas no Parque Nacional das Illas Atlánticas.