ILLA DE SAN SIMÓN

Datos

Imaxes

  • san-simon1.jpg
    san-simon1.jpg grande
  • san-simon2.jpg
    san-simon2.jpg grande
  • san-simon3.jpg
    san-simon3.jpg grande
  • san-simon4.jpg
    san-simon4.jpg grande
  • san-simon5.jpg
    san-simon5.jpg grande
  • SinsalSanSimon.jpg
    SinsalSanSimon.jpg grande
  • casa-de-ban_os.jpg
    casa-de-ban_os.jpg grande
  • cemiterio-san-anton.jpg
    cemiterio-san-anton.jpg grande
  • jorge-barbi.jpg
    jorge-barbi.jpg grande
  • Vinte-mil-leguas.jpg
    Vinte-mil-leguas.jpg grande
  • horta-san-simo_n.jpg
    horta-san-simo_n.jpg grande
  • san-simon.jpg
    san-simon.jpg grande

ILLA DE SAN SIMÓN

San Simón

]1[

INFORMACIÓN:

LOCALIZACIÓN: Redondela, Ría de Vigo

- ALOXAMENTO: enlace aloxamento en Redondela

- PARKING: peirao máis próximo en Cesantes (Redondela).

- ACCESO: estradas entre Vigo e Pontevedra: pola banda dereita a N-550 e a AP-9; pola esquerda, núcleo de comunicacións en Redondela (N- 552, N-555).

- VISITAS Á ILLA: enlace a Turismo de Redondela

- CONCELLO DE REDONDELA: enlace a Información práctica

]2[

HISTORIA DA ILLA DE SAN SIMÓN

Habitadas probablemente desde a época prehistórica, e grazas a súa situación estratéxica, as illas foron testemuñas dalgún dos episodios máis salientables da historia, non só de Redondela ou Vigo e da súa ría, senón de Galicia.

O primeiro asentamento nelas do cal se ten rexistro ten lugar na alta Idade Media, cara o século IV, e moi probablemente se tratase dun pequeno convento.

Entre os séculos XII e XIII aséntase nas illas a Orde do Temple. É neste período cando se constrúe a primeira hermida de San Simón. Posteriormente as illas pasarán das mans da coroa de Castela e León ao bispado de Tui en 1370.

Desde 1507 o convento da illa de San Simón convértese na casa matriz da orden da Reforma Pascualina do Santo Evanxelio ata a morte do seu fundador en 1583. No ano 1585, o corsario inglés Sir Francis Drake ataca a ría de Vigo e saquea a illa repetindo o asalto catro anos despois e incendiando o convento. A illa é abandonada ata que é ocupada de novo polos monxes franciscanos no 1602, rehabilitando os edificios destruídos.

No curso da Batalla de Rande en 1702 o Convento de San Simón volve a ser saqueado e queimado. Será a orde dos beneditinos os que reconstrúan e volvan a ocupala. Despois do asalto, saqueo e incendio de 1719, estes deixarán a illa practicamente case abandonada.

No 1842 comeza a prestar servizo o Lazareto de San Simón, que durante décadas servirá para acoller en corentena obrigada a todos os barcos procedentes de América que tiveran como destino calquera porto do noroeste peninsular.

O lazareto tivo un gran impacto sobre a economía da entonces pequena cidade de Vigo (7.000 habitantes nese momento): talleres, carpinterías, forxas, repostos, pensións e tabernas foron os seus grandes beneficiarios, convertendo a cidade no principal porto da costa atlántica española.

No ano 1898 gran parte dos millares de soldados enfermos, feridos e mutilados procedentes da Guerra de Cuba son internados no lazareto de San Simón. Incluso a súa clausura como centro hospitalario, no ano 1927, o lazareto seguiu funcionando como centro de tratamento e prevención de enfermidades epidémicas.

Entre os anos 1939 ao 1944 a illa vive a súa etapa máis negra ao ser convertida polo réxime franquista en campo de concentración de prisioneiros de guerra. Os presos estaban distribuídos en distintos pavillóns na illa de San Simón, e reservábase a de San Antón para albergar o destacamento militar encargado de custodiar o recinto. A gran masificación fixo que pronto apareceran problemas sanitarios e que as condicións de vida dos presos fosen extremadamente duras.
En 1948 as illas pasan a ser lugar de veraneo para os membros da Garda de Franco. Porén, a causa dun accidente marítimo no ano 1950 no que morren 43 de eses membros provoca que as illas sexan abandonadas unha vez máis, sendo utilizadas as súas instalacións entre 1955 e 1963 polo Hogar Méndez Núñez para la Formación de Huérfanos de Marineros.

En 1999 son declaradas Ben de Interese Cultural coa categoría de Sitio Histórico. A partir de 1998 inícianse as obras de rehabilitación do conxunto con un proxecto do arquitecto César Portela, para poñer en valor e recuperar as illas para usos culturais, dando por finalizado o largo período de abandono de un dos enclaves con máis historia e máis significativos da ría de Vigo e de Galicia.

A Illa do Pensamento

A Illa do Pensamento recolle o testemuño dos nosos antepasados, e aproveitar a vocación marítima, a carga histórica, o valor patrimonial e a riqueza paisaxística da illa de San Simón para dar un paso máis tras o esforzo rehabilitador realizado pola administración.

Chegou o momento de edificar un enorme laboratorio de ideas con proxección globalizadora, vocación multidisciplinar e unha nova identidade na que o pensamento creativo, máxico, artístico e crítico ilumine todas as actividades e accións que se levan adiante neste fermoso arquipélago.

A súa fachada natural é a mellor carta de presentación do conxunto de San Simón, formado por dúas pequenas illas unidas por unha ponte e por dous illotes no fondo da ría de Vigo, moi próximos a terra.

]3[

REFERENCIAS LITERARIAS

O escritor británico William Makepeace Tackeray, na súa novela naval "The History of Henry Esmond" (1852), narra a vitoria da flota anglo-holandesa comandada por Sir George Rooke a través dos ollos de Henry Esmond, un tripulante da flota inglesa.

Entre os escritores mais coñecidos destaca a figura do francés Xulio Verne, que dedicou un capítulo enteiro da obra "Vinte mil leguas baixo dos mares" (1869) á Ría de Vigo e aos tesouros que alí se esconden. Este capítulo titulado "A bahía de Vigo" relata como o personaxe do Capitán Nemo cóntalle a historia da batalla de Rande ao seu prisioneiro e convidado, o profesor Aronnax. Nemo abastécese dos tesouros ocultos no fondo da ensenada de San Simón para financiar así as súas múltiples aventuras nos océanos coa súa nave o Nautilus.

No ámbito non novelístico destacan as figuras do Padre Feijoo (1676-1764) e as quintillas tituladas "Choro da flota, por unha ninfa galega" que lle dedica a Rande, e Avelino Rodríguez co romance que se atopa na súa obra "A Escuadra de Prata", un curioso romance fechado en 1702 onde relata con detalle a batalla de Rande que acabou en traxedia para as tropas franco-españolas.

O escritor belga Robert Stenuit publicou a súa obra "Os Galeóns de Rande" (1962). Nela, nárrase as aventuras e expedicións levadas a cabo para recuperar do fondo de Ría os tesouros e misterios como o do Santo Cristo de Maracaibo ou a esplendida nave capitá. Robert Stenuit tamén narrou a chegada dos galeóns e a flota inglesa ao porto londinense que reflicte unha idea da magnitude das riquezas obtidas na batalla.

Por outro lado: Manuel Rivas en "O Lapis do Carpinteiro"(1998); Agustín Fernández con "Noite de voraces sombras" (2002) e Rexina Vega en "Cardumem" (2007) fan referencia á Illa na época en que se utilizou como cárcere. Os seus autores aproveitan feitos históricos que aconteceron na Illa de San Simón para desenvolver a acción das súas novelas.

O escritor Manuel Vázquez Montalbán ambientou a súa novela "Erec e Enide" (2002) na illa de San Simón, elixida como sé da homenaxe que recibe o seu protagonista, un vello catedrático de Literatura Medieval.

]4[

O CONXUNTO ESCULTÓRICO

O parque botánico do conxunto de San Simón cobrou unha grande personalidade grazas ás esculturas que poboan tanto exteriores como interiores completando o conxunto natural e escultórico. Na visita ao arquipélago podemos atopar obras de artistas como Francisco Leiro, Manolo Paz, Manuel Ferreiro Badía, Moncho Lastra, Silverio Rivas, Francisco Remiseiro, César Lombera, Manuel Coia, Sergio Portela ou Jorge Barbi.

Jorge Barbi en memoria dos presos de San Simón: "As pegadas de pedra, distribuídas polo exterior ao lado Oeste do cemiterio, están na posición que ben puidesen ocupar algunhas daquelas persoas, aproveitando a calor do sol, apoiados no muro que lles separa de Ría, agrupados calquera tarde en torno á esperanza".

]5[

OS ESCENARIOS DO FESTIVAL SINSAL SAN SIMÓN

- Escenario San Simón: escenario principal do festival, na cara este da Illa de San Simón, acolle os concertos principais do festival durante a tarde.

- Escenario San Antón: na cara noreste da Illa de San Antón, ocupa parte da programación do festival durante a mañá.

- Escenario Paseo dos Buxos: ao carón da Capela de San Simón, e moi perto da zona de restauración, é lugar de concertos durante todo o día.

- Músicas Escondidas: son diferentes localizacións por toda a Illa para concertos e presentacions musicais en formato semi-acústico e con aforos limitados a 40-50 persoas: Cemiterio de San Antón, Horta de San Simón, Casa de Baños, etc.

Escenario de San Simón

Escenario de San Antón

Escenario de Paseo dos Buxos

Lucía Riveiros no Cemiterio de San Antón cantando a Martín Códax

]6[

AS ACTIVIDADES DO FESTIVAL SINSAL SAN SIMÓN

Ademáis dos concertos principais, Sinsal San Simón presenta en cada edición diferentes actividades paralelas.

- As Músicas Escondidas: é a última intervención incorporada á programación. Son concertos de pequeno formato por toda a illa.

- Escenario Radio: é o lugar de diálogo do festival cos artistas e convidados. Na última edición programáronse varias mesas de debate arredor de temas de interese cultural.

- Outras actividades: obradoiros, performances, exposicións ou presentacións de propostas de xestión cultural acontecen durante esa fin de semana e varían con cada edición segundo a programación.


A Horta de San Simón, outro dos escenarios de Músicas Escondidas

]7[

MEMORIA DE CONCERTOS DO FESTIVAL SINSAL

2010: Ariel Pink´s Haunted Graffiti

2011: 2uS; Wooden Wand; Buke and Gass; Murmel Bruxas; The Marzipan Man; Mweslee; BFlecha; Jane Joyd; Kellies; Fat 32; Laetitia Velma; Secret Chiefs 3

2012: Hoquets, L´Enfance Rouge, Al-Madar, Maïa Vidal, Alela Diane, Christian Kjellvander, Aries, Nite Jewel, Unicornibot, Alt-J, Shangaan Electro.

2013: Caxade, Triángulo de Amor Bizarro, Germán Díaz, Le Parody,
Gravenhurst, Baden Baden, Stealing Sheep, Denis Jones, Lucía Riveiros, Rafa Yebra, Miniaturas de Granell.

+ FOTOS AQUI