INFORMACIÓN:
NOME COMPLETO: Centro Cultural NOVAGALICIA
LOCALIZACIÓN: Policarpo Sanz, 13 // Teléfonos: + 34 986 120 078 / + 34 986 828 200
CAPACIDADE: 994 persoas
ESCENARIO: 12 x 10 metros
RIDER TÉCNICO: según rider
HOTEL: traballamos con hoteis próximos
PARKING: só carga e descarga
WIFI: sí
BACKSTAGE: sí
MEMORIA: eventos pasados
2008: Young Marble Giants
2009: Konono No. 1; Kings of Convenience + Javiera Mena
2010: Lisa Germano + Philip Selway (Radiohead)
2011: Joanna Newsom; José González
CENTRO CULTURAL NOVAGALICIA: o centro
A finais do século XIX, un grupo de vigueses entusiastas acometeu a empresa de construír un teatro na cidade de Vigo. Anos despois, o 15 de xullo de 1900, inaugurouse o teatro Rosalía de Castro coa execución da ópera Aída.
Tras unha época de fracaso económico o teatro crebou e foi vendido para o seu uso como almacén. O pobo pediulle ao benfeitor D. José García Barbón que recuperase o teatro e así o fixo, até que o 8 de febreiro de 1910 un incendio destruíu por completo o teatro. As sobriñas de J. García Barbón, seguindo o seu nobre exemplo, prometeron un teatro novo e máis suntuoso que o desaparecido.
Deste xeito, en 1913 comezaba a construción do novo teatro baixo o proxecto do arquitecto Antonio Palacios. A súa arquitectura amosa fondas influencias modernistas, á vez que combina elementos clasicistas e barrocos. O seu estilo cualifícase de neobarroco dentro da corrente modernista de comezos do século XX e está inspirado na Ópera Garnier de París.
O Centro Cultural
VIGO: a cidade
Dende o seu nacemento, a vida da cidade de Vigo desenvolveuse arredor das actividades mercantís vinculadas ao mar e ao seu porto, punto de partida e de retorno para miles de galegos e portugueses que tiveron que emigrar a América Latina. O seu despegue como metrópole produciuse ao longo dos últimos cen anos, nos que rexistrou o maior desenvolvemento económico, industrial e demográfico do noroeste peninsular, ata converterse nun dos portos pesqueiros máis importantes da Unión Europea e na cidade máis poboada de Galicia, con preto de 300.000 habitantes.
A cidade de Vigo, pertencente á provincia de Pontevedra e situada nun enclave privilexiado á beira do Océano Atlántico, dá nome á máis meridional das Rías Baixas. A súa orixe pesqueira aínda se aprecia nas rúas do casco vello, que contrasta coas modernas instalacións dos seus portos deportivos, os peiraos de transatlánticos e as industrias pesqueiras e conserveiras. Equidistante entre Santiago de Compostela e a cidade portuguesa de O Porto, Vigo é un excelente punto de partida para visitas e rutas por Galicia e Portugal, ademais do seu ámbito máis próximo, que inclúe os arredores da Ría e as Illas Cíes, integradas no Parque Nacional das Illas Atlánticas.