1. INFORMACIÓN: detalles
LOCALIZACIÓN: Gran Vía 129 // 36204 Vigo España // Telf: +34 986 42 44 22 · FAX: +34 986 42 04 28
CAPACIDADE: 150-225 persoas
DIMENSIÓNS DA SALA: 15 x 10 metros
EQUIPACIÓN TÉCNICA: según rider
2. MEMORIA DE ACTIVIDADES: próximamente
3. ESPACIO SIRVENT
O edificio da sede é unha boa mostra da arquitectura contemporánea, que precisamente pola súa sinxela elegancia, a súa adecuada integración no espazo, e óptima para o fin co que foi creada, non pasa desapercibido. A obra proxectada polo arquitecto vigués Afonso Penela, foi galardoada co Premio ENOR, quedando tamén finalista nos Premios FAD de Arquitectura do ano 2.006, coa Torre Agbar en Barcelona e a Terminal T-4 en Madrid, entre outros.
ESPACIO SIRVENT é a proposta que a empresa Sirvent, ademais de seguir coa súa habitual liña de comercialización de mobiliario contemporáneo, creou xunto co novo comisario Anxo Calvo Ulloa. A piques de comezar, a intención é ofrecer unha programación que aúne arte e deseño e que contemple as súas diferentes posibilidades e puntos de vista achegando ao público un campo como o do deseño que en ocasións se presenta excesivamente hermético e xerar así un debate que posibilite a apertura de novas experiencias.
A liña sobre a que camiñarán as intervencións foi elaborada polo equipo Sirvent e Anxo Calvo Ulloa que, nos últimos meses, foron dando forma a unha axenda de actividades que aos poucos se irá desvelando